ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco de Valdeorras celebra por todo o alto as festas de Santa Rita

 

As de Santa Rita son unhas festas que atraen a multitude de xente de concellos veciños para participar nos actos lúdicos pero especialmente nos relixiosos, xa que é moita a devoción que existe na zona pola Santa e así quedaba demostrado na multitudinaria procesión que percorría onte a vila.

 

 

Así e todo, o programa festivo inclúe un amplo conxunto de propostas que van dende a música ata o deporte, con actividades moi variadas e pensadas para diferentes públicos. No día grande, xoves 22 de maio, o baile no Malecón corría a cargo da orquestra Compostela que actuaba en sesión de tarde e verbena, animando ao público.

 

 

Para hoxe, venres 23 de maio está previsto o pasarrúas da charanga Los Bercianos percorrendo a vila; e seguirá cunha función escolar e para o público en xeral ás 11:30 horas no Teatro Lauro Olmo: Costa da Morte, Cartografía dun Naufraxio, un espectáculo de Mariña Lestón. Xa pola tarde, ás 19 horas, a compañía Fantoches Baj presentará a obra Castelao, un corazón á intemperie, peza familiar dirixida ao público infantil a partir de 6 anos que interpreta con marionetas, máscaras ou teatro de papel, parte da obra de Castelao. O baile no campo da festa, no Malecón, correrá por conta da orquestra Alcázar que actuará en sesión de tarde (20:30 horas) e verbena (01 horas).

 

 

Máis información no Especial Santa Rita do Periódico O Sil, á venda en quioscos e librarías.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button