En portadaÚltima horaVídeos

Volve a Ruta de Pinchos da Feira do Viño de Valdeorras, do 27 ao 30 de maio en 15 locais do Barco e A Rúa

 

Regresa a Ruta dos Pinchos da XXVI Feira do Viño de Valdeorras, denominada “Petiscos con D.O. Valdeorras”, e organizada en colaboración coa Asociación Empresarial Valdeorras, AEVA. A iniciativa retómase tras unha paréntese de cinco anos.

Así partir do día 27 e ata o 30 de maio, en horario de 19:00 a 20:00 horas (ou ata fin de existencias), un total de 15 locais de O Barco e A Rúa, ofrecerán as súas propostas elaboradas con viños amparados pola denominación de orixe valdeorresa, ao prezo de 3 euros.

 

 

Trátase “dunha cita que regresa tras varios anos sen celebrarse e que o fai con máis forza, sabor e sentido que nunca para a promoción dos nosos negocios e noso maravilloso viño”, aseguraba na presentación da ruta a presidenta de Aeva, Araceli Fernández del Palacio. Do mesmo xeito se manifetaba Patricia de Andrés, secretaria do CRDO Valdeorras, quen afirmou que “na denominación estamos encantados de recuperar esta cita despois de cinco anos de parón e ademais de que por primeira vez se celebre en dous concellos diferentes”.

A presidenta de AEVA incidía tamén na “colaboración entre entidades e profesionais en beneficio de toda a comarca como camiño para facer crecer Valdeorras”, como aposta por un traballo conxunto “que nos fai máis fortes, máis visibles e atractivos”. Ademais con esta actividade búscase “colaborar, sumar, e facer comarca”. Fernández del Palacio tamén agradecía a implicación da D.O. e dos hosteleiros “posto que esta ruta non sería posible sen a súa colaboración xenerosa”.

Pasaporte de petiscos

Os participantes deberán facerse cun “Pasaporte de petiscos” que terán que selar nos locais onde consuman cada pincho. Así, aqueles que logren completar os catro selos, poderán depositar ese pasaporte nas urnas dispostas nos establecementos de hostalaría. Con eles entrarán nun sorteo que se levará a cabo durante a clausura da XXVI Feira do Viño, o domingo 1 de xuño.

Un lote de viños de adegas participantes na Feira, unha cea para dous persoas, maridada con viños de Valdeorras e dous visitas a adegas, para dous persoas, con cata incluida, serán os premios para aqueless que consigan completar esta Ruta.

As redes sociais tamén serán testemuñas dos mellores momentos da Ruta grazas á campaña baixo o hashtag #petiscosconDoValdeorras, na que se animará aos participantes a compartir as súas mellores fotos. A imaxe que obteña máis “me gusta”, será premiada cunha caixa de viño dunha das adegas participantes.

 

 

Establecementos participantes no Barco

  • Anj3l
  • A Cova da Capitana
  • Beer para Creer
  • Café Teatro Bajo Cinco
  • El Muro del Malecón
  • Excalibur
  • La Fábrica
  • Jardín
  • Tapería Kaverníkola
  • La Maltería
  • Pazo do Castro
  • Bar San Roque
  • Veira Sil
  • Zig Zag

Establecemento participante na Rúa

  • Retorno

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button