Baixo o lema ‘O mar comeza aquí’ os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense continúan a súa incansable loita contra as cabichas, na Pista Vermella de Barros Sibelo.
“Os filtros de cigarros, a contaminación invisible que invade o planeta, están por todas partes: nas praias, nos parques, nas beirarrúas, nos ríos… Estímase que miles de millóns deles acaban cada día no medio ambiente”, explica o profesor Gonzalo Sánchez, destacando que se xerab “máis de 100.000 filtros de cigarros por segundo que non se degradan de forma natural, pola contra o seu impacto pode perdurar indefinidamente”.
Feitos de plástico, liberan microplásticos, pesticidas, arsénico e metais pesados constinuíndo “a forma máis común de contaminación plástica no mundo”, ata o punto de que unha campaña internacional “pide a prohibición dos filtros plásticos dos cigarros, esixindo medidas urxentes fronte a este problema masivo e persistente”, di Sánchez Busóns lembrando que “cada cabicha que tiras ao chan é un residuo tóxico máis no noso planeta”.

Fotos cedidas.



