
Este sábado 24 de maio celebrarase nas instalacións do pavillón dos Remedios de Ourense, o Campionato Galego de Kung-Fu moderno 2025 nas modalidades de Formas individuais e Formas por equipos.
No evento daranse cita preto de 200 competidores e efectuaranse máis de 300 saídas a pista, no Anexo do pavillón a partir das 16:30 horas.
A presentación oficial contaba cos representantes institucionai e o organizador do evento: Diego Enrique Álvarez, asesor deportivo da Deputación de Ourense; Manuel Pérez, delegado de deportes da Xunta de Galicia en Ourense; Aarón Blanco, vicepresidente da Federación Galega de Kung-Fu; Anibal Pereira, concelleiro de Deportes do Concello de Ourense; e Jorge Encinas, xerente do Consello Municipal de Deportes de Ourense.



