Unha espectacular xornada de petanca teñen os participantes na IV edición do torneo Festas da Santa Rita que se está a celebrar nas pistas do Chao, no Barco, organizado polo Club de Petanca Valdeorras. Unha edición que conta con 24 tripletas de clubs do Barco, A Rúa, San Pedro de Trones, A Coruña, Villafranca e Negreira.

A competición comezaba xa de boa mañá, arredor das 9 horas e estenderase ata a tarde coas finais, con parada para xantar de 14 a 16 horas. Coma sermpre haberá premios para o 1º, 2º e 3º e tamén para o 1º de consolación. Todos os participantes levarán un obsequio.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.



