
Un mes despois de celebrar as Festas de Fátima, a localidade ruesa de Fontei terá a segunda cita festiva destacada, o San Antón, cun programa relixioso pero tamén lúdico, que inclúe música e a Cea Popular que este ano chega á XVI edición.
Será o sábado 14 de xuño a partir das 22 horas cun menú a base de entremeses ibéricos, empanada, costela de tenreira con patacas asadas e ensalada, postres, café e chupito.
As entradas custan 23 euros e estarán dispoñible ata o 10 de xuño nos bares O 4, O’Retorno e Skina.




