CulturaCulturaEducaciónÚltima horaVídeos

Os alumnos de FP do IES Lauro Olmo do Barco volven saír á rúa para dar a coñecer os diferentes ciclos

A II feira celébrase hoxe na praza do Concello do Barco de Valdeorras en horario de mañá

 

Por segundo ano consecutivo os alumnos de Formación Profesional do IES Lauro Olmo do Barco saían á rúa para amosar os diferentes ciclos formativos que oferta o instituto.

Así, na mañá deste xoves 29 de maio, a praza do Concello do Barco acollía a II Feira de FP do IES Lauro Olmo con stands dos diferentes ciclos: CB Peiteado e Cosmética; CB Mantemento de Vehículos; CM Instalacións Eléctricas e Automáticas; CM Electromecánica de Vehículos; CM Coidados Auxiliares de Enfermería; CM Atención a Persoas en Situación de Dependencia; CM Peiteado e Cosmética Capilar, CM Xestión Administrativa; CS Viticultura; e CS Administración e Finanzas. En cada un, tanto o profesorado como o propio alumnado atendían a todo aquel que se achegaba para obter información.

Tamén houbo demostracións prácticas dalgunhas das competencias que se adquiren na formación profesional como peiteados e prácticas sanitarias, expoñéndose ademais materiais e ferramentas empregadas en cada unha das especialidades.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button