
A solidariedade e a música en directo daranse a man na noite deste sábado 7 de xuño no Barco de Valdeorras. A partir das 23 horas, a Sala Baranda acollerá unha serie de concertos benéficos a favor de ALCER Ourense, para apoiar o labor da Asociación para a Loita Contra as Enfermidades Renais.
Contarase coas actuacións de varios membros de AMAVA (Asociación de Música Alternativa de Valdeorras) como Miri, Nerea Jiménez e Aitana, Scala ou Seica, ademais do Dj Dani Argü.
A apertura de portas será ás 22:30 horas e as entradas custarán 6 euros.




