Dun gran día de competición desfrutaban os karatekas do KC River Stone do Barco, na 3ª xornada da Liga Galega de Karate celebrada o sábado 7 de xuño en Xinzo de Limia, onde lograban o 4º posto do medalleiro cun total de 17 metais (6 de ouro e 11 de bronce), ademais de 8 diplomas.
Modalidade de kata:
- Alevín Masc. Inic: 5º Telmo Casas Acuña
- Alevín Fem. Av: 3ª Laia Yáñez González.
- Kata Alevín Fem Inic: 3ª Olivia Rodríguez Fernández
- Infantil Masc Av: 5º Raúl Pérez Panizo
- Xuvenil Masc Av: 7º Antón Fariñas Touris
- Xuvenil Masc Inic: 3º Mateo Márquez Rodríguez e Alexandre Vidal Araújo
- Xuvenil Fem Inic: 3ª Rosi Castaño Rodríguez
- Cadete Masc Av: 1º Brian Rodríguez Carballo e 5º Diego Parada Rodríguez
- Cadete Masc Inic: 1º Mateo Núñez Fernández e 3º Iago Dobao Alonso
- Cadete Fem Av: 3ª Cloe Yáñez González e 5º Mª Fuensanta Blanco Blanco e Aina Moral Castro
- Cadete Fem Inic: 1ª Carla Peña Rodríguez e 3ª Elsa Carriba Rodríguez
- Júnior Masc: 1º Enzo Prieto Fernández
Modalidade de KUMITE:
- Alevín Fem >32kg Av: 1ª Laia Yáñez González
- Infantil Masc <30kg Av: 5º Raúl Pérez Panizo
- Cadete Masc <52kg Inic: 1º Diego Prada Rodríguez
- Cadete Masc <63kg Av: 5º Brian Rodríguez Carballo
- Cadete Fem <47kg Av: 3ª Aina Moral Castro
- Cadete Fem <54kg Av: 3ª Cloe Yáñez González
- Cadete Fem <54kg Inic: 3ª Carla Peña Rodríguez
A gran final da Liga Galega de Karate será en Soutomaior (Pontevedra) o vindeiro 21 de xuño.
Fotos cedidas.



