CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Cea popular, cultos e música, nas festas de Lardeira (Carballeda de Valdeorras) na honra ao Pai Eterno

Procesión coa imaxe do Pai Eterno en Lardeira./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un ano máis os veciños de Lardeira, no municipio de Carballeda de Valdeorras, celebrarán a festa en honra ao Pai Eterno con actos relixiosos, unha cea popular e moita música.

O programa arrincará o sábado, 14 de xuño, ás 21 horas co baile a cargo do dúo Gozadera. Ás 22.30 horas terá lugar a gran cea popular a base de empanada, carne ou caldeiro, bica, café e licores (previa recollida de entrasas, a 15 euros por persoa, no Supermercado Gavele, en Viloira); e a medianoite continuará a festa co concerto a cargo de Sabela.

O domingo día 15 haberá misas ás 10, 11, 12 e 13 horas, sendo esta última a eucaristía solemne seguida da tradicional procesión. Ao finalizar os actos litúrxicos dará inicio a sesión vermú a cargo de orquestra Galaxia, que tamén será a encargada de poñer a nota musical ao baile de tarde, a partir das 18 horas.
Haberá servizo de polbo.

 

Artigos relacionados

Back to top button