Arredor das sete da tarde deste mércores 11 de xuño poñíase en marcha o torneo de fútbol 7 ‘Valdeorras Perullo Cup 2025’ que organiza o Centro de Deportes Barco.
Unha edición na que participan un total de 42 equipos: 6 prebenxamíns en dous grupos; 5 benxamíns nun grupo único; 6 alevíns en dous grupos; 5 infantís nun grupo único; 8 cadetes en dous grupos; e 12 xuvenís en catro grupos.

O torneo estenderase ata o domingo 15 de xuño cando se xogarán as finais alevín, infantil e cadete. O sábado pola tarde serán as finais prebenxamín, benxamín e xuvenil.

Os primeiros en xogar, esta tarde, eran os prebenxamíns e infantís (CD Rúa e CD Barco) no campo 1; e benxamíns (CD Barco) e xuvenís (Aniquiladores, Wachupinos, CD Juvenil e Los Webas) no campo 2.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.



