O potente rock de The Black Wings, marcaba o inicio do ‘Barbudos Fest’ na tarde deste sábado 21 de xuño na praza Lauro Olmo do Barco de Valdeorras.
Dj Reputante animaba a sesión vermú pero non era ata as sete da tarde cando comezaba o festival propiamente dito coa actuación de catro bandas, moitos membros de AMAVA (Asociación de Música Alternativa de Valdeorras).
Ademais de The Black Wings, tamén forman parte do cartel Chabacanos, Grilo e Seika.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.