CulturaCulturaÚltima horaVídeos

O arcebispo emérito de Santiago protagoniza a conferencia das II xornadas dos 400 anos do Santuario das Ermidas (O Bolo)

D. Julián Barrio falou sobre a importancia do santuario nos diferentes eidos e tamén da figura de María

 

Neste 2015 o Concello do Bolo organiza as II xornadas do Santuario das Ermidas e os seus 400 anos de existencia, cun programa de actos para os meses de verán.

 

 

O primeiro tiña lugar na tarde do sábado 21 de xuño. En torno ás 17 hora comezaba a xornada de conferencias na capela do santuario con D. Julián Barrio, arcebispo emérito de Santiago, como conferenciante principal que falaba sobre a importancia do santuario nos diferentes eidos e tamén da figura de María. Tamén interviña Isidro García Tato, historiador e investigador do CSIC que facía unha aproximación á historia do Santuario como “baluarte da fe, centro de cultura e meta de peregrinación”; e Beatriz Hermida, arquitecta do Plan Director do santuario e unha das responsables das actuais obras de rehabilitación do edificio.

 

 

Ao acto tamén acudían membros da corporación do Concello do Bolo; o deputado socialista Aurentino Alonso; e a deputada delegada especial para Valdeorras, María Carmen González Quintela; ademais do responsable do Bispado de Astorga, entre outros.

 

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Back to top button