
“Espectacular”. Así definen dende o Orfeón Trivés o X Festival “Outros Países, Outras Músicas” que se celebraba o sábado 21 de xuño na igrexa da Veracruz, no Carballiño, no que participaban xunto a outras dúas corais: a organizadora, Coro de Cámara Música Viva do Carballiño e Grupo Vocal e Instrumental Atlántico de Noia (A Coruña).
Composto actualmente por 30 voces mixtas e dirixido dende o 2003 por Sandra González, profesora da Escola de Música Municipal da Pobra de Trives, o coro interpretaba no Carballiño cinco pezas: Tres cantos andinos de Dante Andreu (Arxentina); Aguita del río, popular sudafricana; Te quiero de Mario Benedetti (Uruguay); Can´t help falling in love, de Elvis Presley con arranxos de Ola Eriksson (Estados Unidos); e Boiadeiro, tonada brasileira.
O coro de Tui cantaba Queda do Imperio (Vitorino, Portugal); Silence in golden (The Tremeloes, Inglaterra); Verdes sao os campos (Luis de Camoes/ Zeca Afonso, Portugal); La luna en tu pelo (Zamba arxentina, Óscar Valles); e Tu nombre me sabe e hierba (Joan Manuel Serrat, España).

Os anfitrións pola súa banda interpretaban outras cinco pezas: Oración al remanso de Jorge Fandermole con arranxos de Eduardo Correa (Arxentina); Signore delle cime, de Giuseppe de Marzi (Italia); Rabo de nube, de Silvio Rodríguez con arranxos de Miguel Sanz Sotelo (Cuba); Ave María, de Miguel Sanz Sotelo (España); e An irish blessing, tradicional irlandesa con arranxos de James E. Moore.
Fotos e vídeo cedidos.