CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

Bayadère Danza despide o curso cun espectacular festival do 10º aniversario, no Teatro Lauro Olmo do Barco

 

O curso 2024/2025 deixa atrás moitas horas de clases, de duro traballo, de viaxes, de concursos e moitos premios. Foi sen dúbida un dos anos máis activos e destacados dos dez que leva no Barco de Valdeorras e baixaba o pano dun xeito espectacular.

 

 

Nas tardes do luns 23 e martes 24 de xuño (sempre fai dobre sesión debido á cantidade de público que asiste) a Academia de Danza Bayadère que dirixe Nuria Reguera, celebraba o seu quinto festival de fin de curso, cargado de música, baile e aplausos, que servía tamén de recoñecemento ao décimo aniversario da academia.

 

 

 

Así, mesturando bailes (clásicos, modernos, musicais, sos,…) con vídeos dos numerosos premios logrados este ano nos concursos de Ourense, Asturias, Vigo e Ponferrada, íanse sucedendo as actuacións ata case unha vintena de coreografías coas que as cativas conquistaban ao público.

 

 

Ao público e á profesora que, orgullosa das súas nenas, saía ao escenario para despedilas sendo sorprendida con varios ramos de flores e agasallos, así como unha emotiva carta de agradecemento por parte das alumnas que a fixo chorar de ledicia.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver

Back to top button