CulturaCulturaMúsica

Música en directo de diferentes estilos, neste mes de xullo no Hotel-Restaurane Las Vegas, en San Clodio

 

Gastronómica, de lecer e tamén cultural. Unha potente e variada oferta musical ten preparada para este mes de xullo o Hotel-Restaurante Las Vegas, na localidade lucense de San Clodio (Ribas de Sil).

O sábado día 12 haberá dobre sesión: vermú con Movilla y Los Irrepetibles e as súas versións de temas mexicanos; e noite co Dúo Biversión, máis orientado ao pop e rock.

 

 

A seguinte cita será o sábado 19 de xullo coa actuación nocturna de Mikel Edroso que presentará un repertorio de jazz fusión.

E pechando o mes, o sábado 26, Carta de Ajuste ofrecerá “o mellor e o peor dos anos 80 e 90”.

Todos os concertos serán ao aire libre, na terraza do local, e con entrada de balde.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button