En portadaÚltima horaVídeos

Gran ambiente na primeira noite do SilFest Valdeorras con Repion, Heredeiros da Crus e Kokoshca

 

Levan escribindo a historia do rock en galego dende hai máis de 30 anos. “Os mesmos que levan en activo e durante os cales segue sendo o grupo con máis poder de convocatoria do noso acervo cultural”, deste xeito destacan dende a organización do SilFest Valdeorras a un dos seus cabeza de cartel, Heredeiros da Crus,
grupo fundado en 1992 n municipio coruñés de Ribeira con Tonhito de Poi á cabeza, que se caracteriza polo uso de gheada e seseo, e pola súa música a ritmo de rock setenteiro, que na noite do venres 4 de xullo fixo as delicias dos asistentes ao festival á beira do río.

 

 

“Con dez álbums no seu haber, Heredeiros son a sucesión de olas que envorcan o barco e o vólvenno a endereizar. Son o retorno constante á ingenuidade xeracional que os converteu en autenticidade eterna e que transcenden toda evolución e toda moda”, aseguran dende o SilFest, destacando que espois de dous anos en dique seco, volvían a Valdeorras 10 anos despois da súa última visita naquel memorable sold out na Sala Baranda do Barco “con ganas, cargados de enerxía e retomando un directo espectacular que non defraudou.

 

 

Subían ao escenario Xacobeo pasadas as once e media da noite, despois de Repion (o resultado de anos de esforzo e experimentación por parte de das irmás cántabras Marina e Teresa, cun grunge-pop que nos leva de volta aos 2000), e durante máis dunha hora e media facían un repaso polos seus temas máis míticos como Non che teño medo, Iscalle Lura, Corason de Carballo ou Camello Sin Joroba, pero tamén do último disco e algunha do novo previsto para este mesmo ano.

 

 

O relevo sobre o escenario, pasadas xa as dúas da mañá collíao Kokoshca, banda navarra que combina elementos do rock urbano, o pop e outros xéneros, creando un son propio e cheo de enerxía. As súas letras, falan da mocidade, a nostalxia e a procura da felicidade. O seu último disco, La Juventud, demostra unha vez máis a súa capacidade para crear cancións memorables e relevantes.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: Carlos G. Hervella e cedidos.

 

Back to top button