Sen apenas descanso. Despois da intensa tempada de fútbol con liga, ascenso e Copa, o Centro de Deportes Barco está a pleno rendemento cos campamamentos de verán e tamén na preparación da nova campaña.
A través das redes sociais vai facendo públicas as renovacións, baixas e fichaxes como a de Miguel Freiría (extremo/dianteiro, procedente do CD Valladares) e Diego Santín (dianteiro do Bierzo que chega a Calabagueiros despois de facer boas tempadas na SD Ponferradina, Astorga, Arandina, Bembibre, Sarriana, Arteixo, Caudal e Viveiro); e agora lanza tamén a nova campaña de socios.

“Sé difícil é subir máis difícil é non baixar” asegura o presidente do club, Nilo Ramos, asegurando que non é só cousa deles senón de todos e “agora é o momento de demostrar que Valdeorras quere fútbol de categoría nacional”, convidando á poboación a facerse socio con catro carnés a elixir: Socio normal (100€); Tribuna (130€); Familiar (150€) e Platinum (200€).
Poden recollerse en Peluquería Nilo, Churrería La General, Bar A Plazita; A hora de Fina e Mar e Bar Makoki cun desconto especial de -10€ sacándoo antes do 20 de agosto.