Unha semana despois da exitosa II edición do torneo de fútbol sala que reunía a 18 equipos no Barco, tócalle o turno ao fútbol en Vilamartín de Valdeorras.
Na tarde do vernes 11 de xullo comezaba no campo de O Bañadoiro, o II Torneo de Fútbol 7 Camiño de Inverno no que participan 16 equipos da comarca de Valdeorras e doutros puntos como Viana, Quiroga ou O Bierzo distribuídos en catro grupos.
Coordinado por Jorge Guitián e Víctor Fernández, coa colaboración do CD Córgomo Vilamartín e o Concello, a segunda xornada comezaba ás 10 horas deste sábado cos partidos Sala-Cervecería 13/14 e Carpe Diem-Extraditables, extendéndose a competición ata as 14 horas. Pola tarde volverá haber partidos de 16 a 20 horas aproximadamente e o domingo de 11 a 13 horas, coas semifinais ás 17 (gris) e 18 horas (azul) e a finai arredor das 20 horas.
A competición é na modalidade de fútbol 7, con sete xogadores por equipo na metade do campo, de aí que se xoguen dous partidos á vez.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.