Logo de tres intensas xornadas de competición no campo do Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras, a II edición do Torneo de Fútbol 7 Camiño de Inverno remataba na tarde deste domingo 13 de xullo cunha reñida final entre Tramación e Salas.
Para chegar ata aquí, os 16 equipos que participaron este ano, distribuídos en catro grupos, competiron entre si ata chegar ás semifinais disputadas tamén hoxe. Na primeira, Tramación vencía a Carpe Diem e na segunda Salas vencía a Edesa. Xa na final os valdeorreses de Tramación superaban por 3-1 ao Salas proclamándose campión e subcampión, respectivamente. O trofeo para o mellor porteiro era para Kiko e o de mellor xogador para Ariel.

O encargado de entregar os trofeos era o alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez Barreiro que seguía a gran final a pé de campo, igual que o numeroso público que se xuntou.


Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.