CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Saen á venda as novas equipacións do Centro de Deportes Barco

 

Novos e chamativos deseños para o ilusionante regreso á Terceira Federación. O Centro de Deportes Barco saca á venda as novas equipacións (vermella-azul e branca-azul para os xogadores; negra e verde para os porteiros) coas que o equipo competirá a vindeira tempada, agradecendo coma sempre a colaboración de todos os patrocinadores que as fixeron posible.

Cunha nova homenaxe, desta volta a San Mauro “patrón do Barco” na parte inferior da camiseta, poden mercarse (35 euros) nos puntos habituais de venda do club (La Plazita, Churrería A General, Peluquería Nilo, A Horta de Fina e Mar,…) e tamén se poden encargar no teléfono: 667 404 330.

 

Back to top button