CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

La Ocaband presenta na Rúa o musical ‘A Historia da Verbena’, o 20 de xullo na praza da Estación

 

Despois do exitoso ‘Camiñantes e Cantantes’ na praza da Estación e ‘Unha noite na eira do trigo’ no Centro Cultural Avenida, La Ocaband volve á Rúa para presentar un novo musical.

Este domingo día 20 de xullo a partir das 21:30 horas a orquestra pontevedresa presentará na praza da Estación ‘A Historia da Verbena’, unha actuación que nace co principal obxectivo de “facer un chamemento de alertas todas as comisións, xente das verbenas e todos os seguidores das verbenas populares galegas ante o decaemento das festas populares nos últimos tempos”, aseguran dende La Ocaband que tamén pretende “poñer en valor a calidade artística das orquestras galegas, que cada ano seguen apostando por un modelo de traballo único en todo o mundo”.

De noite soñei, o tema principal do musical composto por La Ocaband, será o fío conductor deste espectáculo, no que colaborarán compoñentes de máis de 50 orquestras para conseguir “un escenario de irmandade e unión neste día tan especial”.

 

 

 

Back to top button