Era unha das sorpresas dun concerto sumamente especial. Mentres tocaban Carlos Núñez e a súa banda na tarde do 17 de xullo no adro do Santuario das Ermidas (O Bolo), nun concerto apoiado por Turismo de Galicia, polas escaleiras dun do laterais da igrexa comezaban a baixar un grupo de gaiteiros de Abertal (A Rúa) e da Banda de gaitas do Concello de Viana do Bolo.
Dende aí, tocaban no terceiro tema do concerto, pero despois baixaban e eran presentados por Carlos Núñez, que lles daba paso aos directores de ambas agrupacións, Diego Prieto (Abertal) e Suso Rodríguez (banda de Viana).

Ademais o caldelao Diego Prieto tocaba só, e despois acompañando algunha peza, e as dúas bandas de gaitas volvían subirse ao escenario nas pezas finais do concerto. Desta volta, saíndo dende a porta de acceso ao adro e pasando entre o público.
Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: O SIL.

