Excelente actuación da atleta valdeorresa Xiana Pungín, con orixes na Mezquita, nos Xogos Paralímpicos Europeos da Mocidade (European Para Youth Games), que se desenvolvían nesta fin de semana en Estambul (Turquía).
Os nove deportes nos que se competía nos EPYG 2025 son atletismo, goalball, natación, judo, boccia, tenis de mesa, baloncesto en cadeira de rodas, taekwondo e tiro con arco, que se estrea como deporte nestes xogos.
Xiana Pungín era unha das 28 deportistas da delegación española, dos que 15 competían en atletismo. Así esta atleta do Club Adas Cupa do Barco conquistaba dúas medallas. Proclamábase campioa nos 100 m t13 Sub 20 e facíase co bronce en lonxitude Sub 20.
Cabe destacar que os EPYG réxense polos estándares paralímpicos de excelencia deportiva e diversidade.
Fotos e vídeo cedidos.