CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco presentarase ao grande o 1 de agosto en Calabagueiros, con música e paella para os asistentes

 

Por todo o alto. Así se presentará o CD Barco este venres 1 de agosto a partir das 20:30 horas, no campo municipal de Calabagueiros. “Volver a Terceira RFEF ben o merece”, aseguran dende o club, adiantando que haberá unha macro paella gratis para todos os asistentes por cortesía de Skándalo e tamén dj.

A partir de aí comezará para os de Lino Estévez unha intensa pretempada. O primeiro partido en casa será o día 13 de agosto contra o Bembibre e o Memorial Miguel Fariñas, o día 23, terá este ano “un convidado de luxo como é o Lugo B, rival en liga”, avanza o presidente do CD Barco, Nilo Ramos.

Antes, o día 17,  terán outro partido en Calabagueiros contra o Ponferradina B e xa non meterán máis partidos en casa xa que campo está recén sementado e queren que esté nas mellores condicións para o segundo  partido de liga, o Día do Cristo, 14 de setembro, contra o Viveiro.

 

Back to top button