Dende a organización veñen de emitir un comunicado no que informan que por mor dos incendios que continúan activos nos concellos próximos, O Son da Estación previsto para esta noite na Rúa “queda adiado ata novo aviso”.
Aseguran que nestes momentos “a prioridade é a seguridade e o respecto para cos nosos veciños e veciñas” aos que desexan “moita forza”.
