
Ían ser especiais, coa recuperación da tradicional romaría e moitas actividades para todos os públicos pero o asolador incendio que leva días poñendo en perigo ás casas e modo de vida dos valdeorreses truncouno todo.
Así, o pasado venres a Asociación Sociocultural Sabugueiro, organizadora das festas, comunicaba a “suspensión da celebración da romería no Campo de San Roque previstas para o 17 de agosto pola vaga de incendios que están a asolar o noso territorio, por solidaridade con tódol@s veciños e veciñas da comarca de Valdeorras e outras comarcas afectadas”.

Aseguraban que “non hai gañas de troula con todo este panorama desolador; sabendo que o noso patrimonio natural estará a ser devastado; que os nosos veciños e veciñas están sufrindo e viven con medo”, e por apoio a todos os efectivos que están sacrificándose no seu labor por todos nós”.
Tres días despois, na mañá deste luns 18 de agosto “tendo en conta toda a situación sufrida e a que están sufriendo aínda os nosos veciños valdeorreses” decidían “cancelar as Festas de San Roque 2025”.
