“Depurar para recuperar”. Baixo este lema o Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do INORDE en Xinzo de Limia acollía na mañá do 21 de decembro a “Xornada sobre uso de abonos e manexo da explotación agrícola”, enmarcada no Proxecto Life Regenera Limia. Esta iniciativa ten gran importancia para esta zona ourensá tendo en conta o seu marcado carácter agrícola e á incorporación das novas xeracións ao sector.
Durante a xornada, que contaba cunha ampla asistencia, o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, apostaba pola colaboración entre todas as entidades para o desenvolvemento de Regenera Limia, que busca compatibilizar a actividade agraria e ganadeira co bo estado das masas de augua.
Pola súa banda, o presidente do INORDE, Rosendo Fernández referíase á participación deste organismo no proxecto co seu laboratorio de análise (laboratorio acreditado pola Entidad Nacional de Acreditación) co fin de coñecer a realidade nutricional dos suelos da Limia e, a partir de aí, establecer un programa de autocontrol por parte dos propios agricultores á hora de realizar as necesarias operacións de abonado dos cultivos, encamiñadas a conseguir produción rendibles, mantendo ao mesmo tempo o equilibrio natural del medio.
Tamén interviña o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, que resaltaba a excelente colaboración dos distintos socios do proxecto e incidía en que a finalidade da xornada era a formación, sensibilización e divulgación entre o colectivo agrícola da xestión de residuos agrícolas.
Xunto a el, Alberto de Anta, xefe de área de xestión Medioambiental da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e coordinador de Life Regenera Limia, explicaba o comezo e avance de cada unha das accións deste proxecto (que inclúe 26 medidas agrupadas en catro bloques de actuación=, así como a previsión de actuacións de cara ao vindeiro ano.
Ao longo da xornada tiñan lugar outras intervencións e debatíanse tamén cuestións como as medidas de condicionalidade da PAC e o pago verde.