OurenseÚltima horaVídeos

O delegado do Goberno visita as aldeas de San Vicente e Fervenza e reúnese coa UME no Barco

Anunciaba que o Consello de Ministros do martes aprobará a declaración de zona afectada por unha emerxencia de protección civil para as zonas afectadas polos lumes

 

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, desprazouse esta mañá á comarca de Valdeorras onde subliñou o apoio do Goberno para colaborar na reconstrución e reactivación das zonas afectadas polos lumes. O delegado, que estivo acompañado polo subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, iniciou o seu percorrido na parroquia da Fervenza, no Barco de Valdeorras e proseguiu en San Vicente de Leira, no veciño Concello de Vilamartín de Valdeorras, onde mantivo xuntanzas co alcalde e funcións do Barco, Aurentino Alonso, e co de Vilamartín, Enrique Álvarez.

Pedro Blanco trasladoulles aos alcaldes que, tal e como anunciou o presidente do Goberno, o Consello de Ministros que se celebra o próximo martes aprobará a declaración de zona afectada por unha emerxencia de protección civil das áreas afectadas polos lumes. Esta declaración permitirá, unha vez se extingan, acompañar, en coordinación co resto de administracións, nas tarefas de reparación dos danos e de reconstrución, nas que se mobilizarán recursos da Administración Xeral do Estado.

 

 

O delegado lembrou que a prioridade actual é a extinción completa das chamas e a protección da poboación e do territorio, pero ao tempo, o Goberno xa traballa no paso seguinte, “e facémolo coa mesma vontade que nos guiou noutras crises e emerxencias, a de non deixar a ninguén atrás”.

Reunión coa UME

No Barco de Valdeorras, Pedro Blanco visitou o posto de mando do equipo da UME que está despregado nesta comarca. Alí supervisou co capitán Queipo, responsable do operativo, os medios dispoñibles e as accións que están acometendo arestora para loitar contra o lume, no marco do dispositivo da Xunta de Galicia

Back to top button