A visita que as súas Maxestades os Reis realizaban esta mañá á comarca de Monterrei continuaba en Cualedro, onde mantiñan un encontro con produtores afectados polos lumes. Alí analizaban a magnitude das pérdidas no sector primario e visitaban unha explotación gandeira en Montes e unha granxa de aves afectada polos lumes.
Despois dirixíanse ao colexio público de Medeiros (Monterrei), onde se reunían con representantes de veciños afectados polos incendios. Nesa xuntanza, o Rei explicou que “queriamos estar aquí, achégarnos, escoitarvos. Vervos as caras e coñecer o drama humano que supuxo isto e a perdida económica, loxicamente. Que sintades próxima a presenza do Estado nos seus distintos niveis”. E isto é compartir un pouquiño as historias vosas, que esperades no futuro e, tamén, dalgunha maneira, ver que ensinos podemos extraer de todo isto para ser máis fortes no futuro”.
Posteriormente, a comitiva desprazouse ata o Colexio Público de Medeiros, en Monterrei, onde conversaron cos veciños e veciñas da zona, solidarizándose cos afectados e reafirmando o seu compromiso coa recuperación destas localidades.
Fotos: Carlos G. Hervella, agás as tres últimas da galería.
Vídeo cedido.

