Cunha gran vitoria, 3-0 ante o CD Allariz, vén de comezar o CD Córgomo Vilamartín a súa segunda tempada en Primeira Futgal.
Na tarde deste domingo 7 de setembro, o campo vilamartinés de o Bañadoiro acollía un partido moi especial. O primeiro de liga para o novo míster, Iván González (acompañado polo adestrador de porteiros, Nando) e o primeiro en casa tralo duro incendio que asolou Valdeorras e moi especialmente o municipio de Vilamartín, un dos máis afectados, de aí que os que máis o sufriron foran os homenaxeados do cartel deste primeiro partido.

Un partido que comezaba pasadas as seis da tarde cun tira e afrouxa, por parte de ambos equipos ata que no minuto 19 Sylla abría o marcador co primeiro gol para os locais. Pouco despois, no minuto 39 Dani Real marcaba o segundo, chegando ao descanso co 2-0. Tralo paso polo vestiario, no minuto 80 Vidal sentenciaba o encontro co 3-0 final e os tres primeiros puntos da tempada que o sitúan no alto da clasificación.


Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.