Neste luns 15 de setembro, festivo local, O Barco de Valdeorras celebra o último día das Festas do Cristo e na Sociedade Casino festexábano dun xeito moi especial.

Dende as oito da tarde a cafetería acollía unha animada e concorrida festa con música en directo, da man de Sito Trío. Non faltaba a merenda, con petiscos de queixo e xamón cortados in situ por un profesional, a bebida e os sorteos.

A directiva aproveitaba a ocasión para entregar os carnés de socios.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.