Cunha derrota e unha vitoria se saldaba a fin de semana para o CD Trives que está a xogar os partidos de casa nas instalacións do CD Rúa ao estar en obras o campo de fútbol do Agro, polo que lle dan as grazas.
Na tarde do sábado o equipo sénior perdía 1-2 contra o Sta Cruz de Arrabaldo, co único gol trivés de Iago; e na mañá deste domingo 21 de setembro era o equipo infantil quen xogaba vencendo cun contundente 7-0 ao CD Cea (3 goles de Antón, 1 de Unai, 1 de Nico Conde, 1 de Nico Castro, 1 de Iago García e 1 de Iago Pérez.
Foi un gran partido pola vitoria e tamén porque os pequenos do CD Trives recibían unha unha visita moi especial do que foi o seu primer adestrador, David Pérez. “Foi un reencontro moi sentimental entre os rapaces e David, a quen lle damos as grazas porque con el comezamos un proxecto que a día de hoxe está dando os seus froitos e no que, tanto pais como directiva estamos mo ilusionados”, aseguran dende o club trivés.

Fotos cedidas.