CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco non pode co Boiro e cae pola mínima en Calabagueiros

 

A sorte é un dos factores determinantes para que un partido se decante por un ou outro equipo e hai días en que o balón non quere entrar por moito que os xogadores o intenten.

Algo así lle paba ao CD Barco na tarde deste domingo 21 de setembro no partido disputado ante o CD Boiro, o terceiro da liga, no campo municipal de Calabagueiros, que se saldaba co 0-1 favorable aos coruñeses.

 

 

Os vermellos de Lino Estévez saltaban ao terreo de xogo coa necesidade de empezar a sumar tralas derrotas 2-0 contra o Compostela e 0-1 ante o Viveiro, pero o balón non quería entrar na portería rival e malia os innumerables intentos eran os visitantes os que anotaban ao inicio da segunda metade.

Non houbo máis goles pero esta derrota pola mínima bastaba para sumar a terceira consecutiva dos recén ascendidos á Terceira Federación que seguen no fondo da clasificación, só por riba do Silva. A seguinte cita será no campo do Juv. Cambados.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button