CD TrivesDeportesFútbolÚltima hora

O CD Trives empata no partido co filial do Ourense CF disputado, en parte a escuras, no campo de Oira

 

Con xornada de descanso para os infantís, o sénior era o único equipo do CD Trives que xogaba esta fin de semana e tal como aseguran dende o club, o partido contra o Ourense C.F. SAD “B” foi “unha odisea” e non só polo xogo.

O horario do partido era ás 19:30 horas en Oira, “campo que xestiona o Concello de Ourense, polo que tivemos que saír de Trives ás 17:15 e regresamos ás 23:20 horas”, explican lamentando que “o responsable das instalacións non estaba presente para poder acceder ao local e encender o alumeado do campo, co cal estivemos 30 minutos as oscuras. É moi lamentable que o Concello de Ourense non lle preste a mesma atención a todos os equipos por igual”, aseguran.

Con respecto ao resultado, reparto de puntos tralo empate 3-3 cos goles triveses de Bambino, Iago e Kalino.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button