SanidadeÚltima horaVídeos

Asilival segue demandando un neumólogo para Valdeorras e planea levar a mobilización ata Ourense

 

Conseguir un neumólogo fixo para Valdeorras é a demanda coa que Asilival segue concentrándose diante do hospital do Barco. “Un día máis estamos aquí e seguimos nas mesmas. Moita xente di que estamos politizados pero non, isto é por saúde que quede claro”, aseguraba o presidente do colectivo na concentración celebrada na mañá deste xoves 2 de outubro, contando con representantes de varios concellos como o do Barco, O Bolo, Vilamartín ou A Rúa. “Aínda que nos apoien os alcaldes, aquí non hai siglas senón que é unha loita de saúde que nos incumbe e todos”, dixo asegurando que “esta xente pasa olímpicamente de nós”.

 

 

De aí que planeen subir un nivel máis e ir a Ourense. “Cargaremos dous autobuses de xente e plantarémonos na xerencia de Ourense, a ver se aí nos reciben porque aquí non veñen e cando saben que temos concentración, suspenden a comisión de centro e así seguimos”. Para iso, convocarán unha asemblea na que decidirán os seguintes pasos a dar e organizar a viaxe. Tamén se plantexan cortar a N-120. “Xa que non nos fan caso teremos que subir esto de ton porque fai moitos anos que esta comarca loita polos dereitos e non imos ter medo agora, será a única forma de que nos fagan caso.”

 

 

Mentres tanto e tal como avanzaba esta mañá o presidente, o vindeiro xoves volverán concentrarse ás 11 pero en lugar de poñerse diante do hospital, farano no paso de péons. “Ímoslle cortar a estrada”, asegurou

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Back to top button