Cunha vitoria ante o reentemente creado CD Caldelao-Inter Ribeira Sacra “B” se resolvía o segundo partido da liga disputado polo CD Trives no campo rués Vicente Solarat Maceda (o Agro segue en obras).


Os rapaces de saltaban ao terreo de xogo tralo empate a 3 co filial do Ourense CF dominando o partido nos primeiros compases do encontro. Así, ainda que houbo ocasións para ambos equipos, eran os triveses os que se adiantaban no marcador co gol de Iago no minuto 13. Só tres minutos despois Javier marcaba o segundo chegando ao descanso so 2-0.
Tralo paso polo vestiario e nunha calurosa tarde de outubro o marcador mantíñase, sumando o Trives a segunda vitoria da liga na Terceira Futgal e situándose no 5º posto da clasificación. A seguinte cita será no campo do Salamonde CF.

Fotos: Mónica G. Bellver.