Dous de tres. Con dúas vitorias para os equipos de base e unha derrota para o sénior, resolvía o CD Trives a xornada de liga deste sábado 11 de outubro.
Os benxamíns vencían con contundencia, 5-3, ao Academia Futsal Ourense, con 2 goles de Martín Hervella, 2 de Marco e 1 de Ander.
Con máis contundencia aínda vencían os alevines, 11-1, ao E.D.C. Celanova “C” con 4 goles de Adrián Pérez, 3 de Hugo, 3 de Enzo e 1 de Eric.
A única derrota da xornada era a do equipo sénior que perdía 4-0 no campo do Salamonde.
Fotos cedidas.