Os afeccionados ao fútbol e, máis concretamente ao Real Club Celta de Vigo, teñen un bo local de hostalaría ao que ir na Pobra de Trives.

O Café Bar Restaurante e Pensión Casanova, rexentado por Poldo, conta cunha boa colección de bufandas do conxunto celeste colgadas na parede. As oficiais e tamén as de diferentes asociacións de seareiros, seguidores do celtismo.

Hai só uns días o Celta amosaba o seu lado máis solidario, disputando un partido benéfico a favor dos damnificados polos incendios deste verán, contra un combinado ourensán que contaba con xogadores de diferentes clubs (CD Arenteiro, UD Ourense, CD Barco, CD Córdomo Vilamartín,…).

Fotos: Carlos G. Hervella.