CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O Barco non pode co Gran Peña e cae 1-2 en Calabagueiros

 

Non pudo ser. O CD Barco mantense unha semana máis en postos de descenso na Terceira Federación, tras perder 1-2 ante o Gran Peña.

O partido da xornada 7, disputado na tarde deste domingo 19 de outubro no campo municipal de Calabagueiros, comezaba de cara para o conxunto local co gol de Konaté no minuto 38′ chegando ao descanso co 1-0.

 

 

Tralo paso polo vestiario o marcador mantíñase ata o minuto 83 co empate por parte do conxunto vigués que só dous minutos despois marcaba o segundo gol co que sentenciaba o encontro.

Na seguinte xornada os de Lino Estévez enfrontaranse ao filial do CD Lugo.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button