Despois do parón navideño, o baloncesto regresaba ao pavillón de Calabaguiros. E facíao na mañá do sábado 14 de xaneiro co partido correspondente á xornada 12ª da primeira división infantil masculina (grupo sur).
Dun lado da cancha, o Muebles Victoria Barco dirixido por Patricia Gómez dende o cuarto posto da clasificación; do outro, o CB Tui dende o segundo posto. O partido comezaba co dominio do conxunto local e malia que co transcurrir dos minutos o xogo parecía igualarse, os barquenses lograban manter a vantaxe que levaban dende o principio, rematando o encontro co 51-41 final.
Unha nova vitoria para o conxunto vermello que suma xa sete no que vai de liga. O próximo partido, segundo o calendario da Fegaba, disputarano o vindeiro sábado en Monforte de Lemos contra EDO Blanco Amor.