
Diferentes equipos de fútbol de Valdeorras saltaban ao campo na pasada fin de semana vestindo a camiseta morada para amosar o seu apoio á VIII Andaina e Carreira das Cidades de Vilamartín de Valdeorras, que se celebrará o 23 de novembro baixo o lema “O noso reto, a esperanza”.
Nesta ocasión, o Centro de Deportes Barco, que xogou onte 2 de novembro, e o CD Córgomo, que disputou o seu encontro o sábado, quixeron trasladar unha mensaxe de ánimo e esperanza a todas as persoas afectadas por estaenfermidade e ás súas familias, apoiando á Carreira das Cidades, cuxa recadación se destina integramente á investigación para a prevención e o tratamento do cancro de páncreas.

Desde a organización (en mans de ACAPAVAL) agradecen enormemente o respaldo do deporte valdeorrés, un apoio que contribúe a dar visibilidade a esta causa e a fomentar a participación cidadá nun evento que combina actividade física, sensibilización e solidariedade.
As inscriciónspara a carreira e andaina continúan abertas, e pódense realizar a través das canles habituais:
-Online en https://carreracancerpancreas.es/carrera-vilamartin/ou en Carreiras Galegas (https://www.carreirasgalegas.com/events/viii-carreira-e-andaina-das-cidades-contra-o-cancro-de-pancreas/omrYwQl2).
-Presencial: nos diferentes puntos de inscrición habilitados en distintos concellos da comarca:
– Na Rúa: Cool Balea
– En Vilamartín: Fimar
– No Barco: Garoba, Pizpireta, Trisport e Ton y Son
– En Rubiá: Librería Teresita e Trastos
A iniciativa forma parte da rede estatal da Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas, que se celebra de maneira simultánea en distintos puntos de España. Este ano terá lugar, ademais de en Vilamartín, enAlicante, Alboraya (Valencia), Ávila, Burgose Madrid.
Fotos cedidas.
