En portadaGalerías de fotosSanidadeÚltima horaVídeos

Unha marea morada camiña e corre contra o cancro de páncreas en Vilamartín

Dende o pavillón Luis Nogueira partía esta mañá a VIII Carreira e Andaina das Cidades, que busca recadar fondos para investigar este tipo de cancro

 

Cunha fina chuvia arrancaba a partir das 10h. deste domingo 23 de novembro a VIII Carreira e Andaina contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín dende o polideportivo Luis Nogueira da vila. Numerosas se inscribían nesta edición (segundo os datos da organización) nas tres modalidades deportivas deste evento, cuxo lema nesta edición era “Nuestro reto, la esperanza”: a andaina longa (13 km), a curta (7,5 km) e a carreira (13 km). Ademais había un dorsal 0 para aqueles que non puideran acudir pero si querían colaborar con esta proba benéfica na que o importe íntegro recadado se destina á investigación contra o cancro de páncreas.

 

 

Os primeiros en saír ás 10h. eran os participantes na andaina longa (cuns 241 inscritos, segundo datos da Federación Galega de Atletismo), media hora despois era a quenda dos asistentes á andaina curta (349 inscritos, segundo a FGA) e da carreira (98 inscritos). En total a organización calcula (entre inscricións online e presenciais) uns 950 inscritos na proba.

Esta carreira está promovido a nivel nacional por ACANPAN (Asociación de Cancro de Páncreas), AESPANC (Asociación Española de Pancreatología) e AEG (Asociación Española de Gastroenterología), e en Vilamartín de Valdeorras está organizado por ACAPAVAL (Asociación Cancro de Páncreas de Valdeorras), coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, a Delegación Valdeorresa de Atletismo e José López “Parra”.

 

 

 

Vídeos cedidas.

Nesta ocasión, os participantes tamén colaboran na repoboación dos montes queimados en Vilamartín. Para iso, repartían bolsas con sementes de árbores autóctonas para que as sementasen durante o percorrido.

A organización contaba tamén coa colaboración dos voluntarios das agrupacións de Protección Civil de Vilamartín, Petín, A Rúa, O Barco e Manzaneda.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button