Antes do parón de Nadal, o CD Trives organizaba un xantar para as categorías inferiores (infantís, alevíns e benxamíns) ao que asistían os cativos, os pais e os adestradores.
A nivel deportivo, na xornada deste sábado 20 de decembro xogaban eliminatorias da Copa Deputación de fútbol sala con victoria dos dous equipos triveses. Os benxamín vencía 4-2 ao Concello de Coles cos goles de Ander, Paulo, Izan e Martín. E o alevín 5-4 ao Vianariño, con 2 goles de Hugo, 2 de Adrián Pérez e 1 de Claudia.

Fotos cedidas.