O CD Trives que compite en Terceira Futgal segue xogando os partidos de casa no campo rués Vicente Solarat Maceda (O Agro segue en obras), onde na tarde deste domingo 11 de xaneiro xogaba o último partido da primeira volta ante o CD Cea.
Un partido que se lles poñía de costas xa moi cedo, co primeiro gol visitante no minuto 8. No 27′ encaixaban o segundo e no 34′ o terceiro, chegando ao descanso co 0-3 no marcador. Tralo paso polo vestiario, no minuto 52 Roberto transformaba un penalti, acurtando distancias pero non volvían marcar rematando o encontro co 1-3, sumando a terceira derrota consecutiva.
Dende o posto 11 da clasificación comezarán a segunda volta da liga, de novo en casa ante o Atlético Coles.

Fotos: Mónica G. Bellver.