Fronte a delegación de Hacienda no Barco volvían a concentrarse os membros da Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras na mañá do 2 de xullo. A través de actos coma este os integrantes destas plaraforma buscan “acadar unha igualdade de trato fiscal respecto ao resto dos xubilados, a devolución das multas e a derogación dunha lexislación inxusta, que trata aos emigrantes retornados como defraudadores, xunto coa asesoramento, coordinación e apoio a todas as persoas afectadas pola lei 35/2006”.
Dende esta entidade sinálase que non descartan outras mobilizacións e accións para “facer valer os seus dereitos e rexeitan o que consideran a legalización de un roubo”.
Ademais convidan a que “todo aquel que se atope nesta situación a que se poña en contacto coa plataforma, que asista aos actos para facer valer os seus dereitos”.