CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O presidente do CD Barco, Nilo Ramos, novo representante dos Clubs ProLiga de Galicia

Nilo Ramos, presidente do CD Barco.

 

ProLiga, asociación destinada a defender os intereses e o prestixio dos clubs de fútbol non profesional así como as competiciones que disputan vén de anunciar a incorporación en Galicia, do presidente do CD Barco, Nilo Ramos, que acompañará ao actual directivo territorial, Iván Crespo, como “representante dos clubs asociados á patronal nas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Nilo Ramos preside o CD Barco (actualmente no Grupo 1 de Terceira Federación) dende hai 22 tempadas, función que no último lustro compatibilizou coa vicepresidencia da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol.

“Imos por un bo camiño”, di Nilo en referencia á situación actual do fútbol non profesional, pero “necesitamos da unión de todos para poder chegar máis lonxe na profesionalización dos clubs”, asegura, adiantando que chega ao comité coa máxima ilusión. “Tentarei axudar coa miña experiencia tanto a ProLiga como aos clubs galegos”, di, recoñecendo que deste xeito “asóciase a toda a patronal do fútbol dende Primeira Federación para abaixo a nivel nacional”.

 

Back to top button