En portadaÚltima horaVídeos

O río Sil cobre por completo a praia fluvial do Malecón do Barco

 

Notable subida do caudal do río Sil nas últimas horas. Se ben o seu cauce comezaba a medrar xa na tarde de onte, durante esta mañá rexistraba un considerable incremento e arestora cobre por completo a praia fluvial do Malecón. A Policía Local precintou as baixadas ao río como medida de precaución.

 

 

 

Tamén baixan cun considerable caudal o regato Valado de Viloira, o río Mariñán e o río Cigüeño, ambos desembocan no Sil ao seu paso polo Barco.

Fotos e vídeos: A.R.

 

Back to top button