Previsiblemente “nos vindeiros meses chegarán ao Barco de Valdeorras máis persoas refuxiadas ou solicitantes de asilo”, aseguran dende Cruz Vermella polo que tanto a ONG como o Concello barquense traballan xa na súa acollida, co obxectivo de facilitar a súa integración. Ese foi un dos temas tratados na reunión que ámbalas dúas entidades mantiñan na mañá do 7 de febreiro na alcaldía barquense.
Á xuntanza, na que se trazaban as liñas de traballo de cara a este ano, asistían o alcade do Barco, Alfredo García; o presidente provincial de Cruz Vernella, Felipe Ferreiro; e o presidente comarcal da organización humanitaria, Maximino Alonso. Estos últimos, en nome da entidade que representan, agradeceron ao Concello do Barco a súa iniciativa entorno á acollida “facilitando as xestións co Bispado de Astorga para a cesión dun piso para o programa de atención a personas solicitantes de protección internacional”, así como que se fixera cargo das reparacións necesarias para que a vivenda se encontrara en condicións ópticas para os beneficiarios.
O Concello do Barco mantén dende hai anos unha importante colaboración coa Asemblea Comarcal Cruz Vermella en Valdeorras, á que deceu o espazo na Casa Río Ciguëño onde ten a sede, realizando asemade aportacións para o mantemento da oficina e para o desenvolvemento de distintos proxectos de atención a colectivos vulnerables.