En portadaÚltima horaVídeos

A estación da Gudiña recuperará a partir de maio a parada do Alvia Lugo-Madrid ás 7:44 horas

Así o avanzaba o presidente de Renfe, Álvaro Fernández Heredia, na visita realizada xunto ao delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco e o subdelegado en Ourense, Eladio Santos, para informar das novas frecuencias dos servizos ferroviarios

 

Boas novas dende Renfe para o sureste ourensán. Na tarde deste luns 23 de marzo, tras reunirse co alcalde de Lugo, Miguel Fernández, e a subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, para presentar as novas frecuencias dos servizos ferroviarios que melloran a conexión coa Meseta e permiten viaxes de ida e volta no mesmo día con Madrid desde a Cidade da Muralla, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o presidente de Renfe, Álvaro Fernández Heredia, desprazábanse ata A Gudiña para informar da recuperación da parada matutina na estación da Gudiña Porta de Galicia, “un servizo moi importante para o sureste ourensán”.

 

 

Acompañados polo alcalde, Néstor Ogando; polo subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos; e polo alcalde de Sanabria, José Fernández, xunto a diferentes cargos do PSdeG PSOE, reuníanse con alcaldes e representantes municipais doutros concellos afectados como A Pobra de Trives, Petín, O Barco, Vilamartín, A Rúa, O Bolo, Viana,…

Alí, Fernández Heredia aseguraba que as medidas tomadas pasan por adiantar o horario do Alvia que tiña saída a media mañá de Lugo, co cal a partir de maio “saíra ás 5:18 horas o que permitirá o seu paso pola Gudiña Porta de Galicia ás 7:44 horas, por Sanabria Alta Velocidade ás 8:04 horas e por Zamora ás 8:39 horas, chegando a Madrid Chamartín ás 10:13 horas”. Un cambio que “vai permitir dispoñer de moitas horas do día en Madrid para poder resolver as cuestións necesarias podendo volver no mesmo día”, dixo o presidente de Renfe, adiantando que ademais fixeron unha permutación entre un servicio Alvia e un servizo Avlo “que sairá de Madrid Chamartín ás 6:55 horas e permitirá que pase por Zamora ás 8:13 horas, por Sanabria ás 20:42 horas e pola Gudiña Porta de Galicia ás 9:02 horas, chegando Á Coruña ás 11 horas”.

 

 

“Trátase”, dixo, “dun punto e seguido, o compromiso con este axuste de ternos acercado máis ás sensibilidades”, destacando o incremento de viaxeiros que está vivindo Galicia (un 40%) “que permitirá seguir axustando a oferta, mellorando as frecuencias e o número de servizos a medida que os viaxeiros os vaian reclamando”.

 

 

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, daba as grazas aos alcaldes presentes “que levan loitando e dalgún xeitro poñendo enriba da mesa esa necesidade dos pobos pequenos, unha realidade moito máis inclusiva”, pero tamén ao presidente de Renfe polas boas novas.

 

 

Blanco puxo en valor a sensibilidade e o compromiso do Goberno “con esas necesidades e coa mobilidade, unha mobilidade sostible e sobre todo que conecte as zonas rurais co resto máis poboadas”. Así, salientou que non sempre é doado axustar os servizos ferroviarios, pero destacou que nesta ocasión se adopta unha decisión que atende á realidade do territorio e ás demandas da cidadanía. “Unha solución necesaria”, dixo, concluíndo que “temos que seguir avanzando e mellorando a vida de todos. Na medida en que mellore a vida dos ourensáns mellorará a dos galegos e dos españois”.

 

 

Como anfitrión da visita, o alcalde da Gudiña, Néstor Ogando, daba a benvida aos asistentes, destacando a presenza do presidente de Renfe, con que mantiveran unha reunión en maio da que saían esperanzados. “Non obtivemos unha promesa pero si un compromiso”, dixo Ogando destacando que o servizo recuperado “é indispensable para os viaxeiros con destino a Madrid así como Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, de toda esta comarca, as veciñas e norte de Portugal”, polo que trasladaba o seu agradecemento ao presidente de Renfe, ao Ministro de Transporte, ao presidente do Goberno e o equipo de Renfe “a súa disposición a reconsiderar a decisión inicial e garantir que A Gudiña dispoña duns horarios que respondan realmente ás necesidades dos usuarios”.

 

 

Pola súa banda, o alcalde de Sanabria recoñeceu que “traballando é como se conseguen os froitos, sempre con educación”, destacando tamén a “sensibilidade do Goberno cos pobos pequenos”, lembrando a importancia das pequenas estacións para que a xente da cidade veña aos pobos. Tamén lembrou a relevancia  histórica de Sanabria e A Gudiña “como bandeiras do ferrocarril” aproveitando para facer unha petición. “Igual se podían facer unha especie de museos nas estacións antigas porque hai un intercambio de máquinas incrible”.

 

 

Melloras nos servizos ferroviarios

Renfe modificará a partir do 20 de maio o horario do Alvia Lugo–Madrid, que pasará a saír ás 5:18 horas, fronte ás 11:15 horas actuais, incorporando unha nova opción madrugadora que mellora a mobilidade de primeira hora. O servizo manterá as súas paradas habituais con novos horarios: Sarria (5:44h.), Monforte de Lemos (6:10h.), Ourense (6:52h.) e A Gudiña (7:44h.) recuperando esta última e cunha chegada a Madrid prevista ás 10:13h.

 

 

Axustes na alta velocidade Galicia-Madrid

Para optimizar a oferta e adaptala á demanda nas estacións intermedias, Renfe reorganiza tamén outros servizos do corredor Galicia-Madrid. O AVE de primeira hora desde Vigo adianta a súa saída ás 5:50 horas e incorpora parada en Santiago de Compostela.

 

 

Nos servizos de regreso, o AVE Madrid-Vigo pasa a saír ás 8:25 horas, mentres que o Avlo adianta a súa saída ás 6:55 horas con destino A Coruña, mantendo todas as paradas e permitindo chegar a primeira hora a estacións como Zamora, Sanabria AV ou A Gudiña. Ademais, o AVE da tarde Madrid-Vigo adianta a súa saída ás 15:32 horas.

En conxunto, estes cambios “buscan facilitar os desprazamentos, mellorar a mobilidade matinal e optimizar a oferta ferroviaria en función das necesidades reais da cidadanía ao longo de todo o percorrido”, aseguran dende o Goberno central.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeos: Mónica G. Bellver.

 

 

Back to top button